ISTAS gallego

Que é ISTAS

Ao servizo dos traballadores e traballadoras

Todas as investigacións, estudos, publicacións e actuacións de ISTAS están encamiñadas a lograr o seu obxectivo fundacional: a protección da saúde laboral e o medio ambiente.

Co seu traballo, ISTAS fortalece a capacidade sindical do conxunto da representación legal dos traballadores e traballadores e, moi especialmente, a das delegadas e delegados de prevención. 

Dado o papel e os dereitos que a Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) lle dá á figura do delegado de prevención, unha gran parte do traballo da Fundación centrouse en dotala de medios de información, formación e asesoramento e de ferramentas de traballo para a súa intervención nas empresas. 

Ante a aparición de novas figuras de representación dos traballadores nalgúns acordos territoriais e convenios sectoriais, como a do delegado ambiental, ISTAS está a desenvolver os instrumentos e recursos necesarios para apoiar os delegados na súa acción. 

Exemplos do anterior son: Guía del Delegado y Delegada de PrevenciónLa prevención de riesgos en los lugares de trabajoGuía para la Intervención: la prevención del riesgo químico en el lugar de trabajoOrganización del trabajo, Salud y Riesgos Psicosociales. Guía para la invervención sindical. Estes materiais distribúense en papel a través do sindicato, pero tamén podes descargalos desde esta páxina web. Podes atopar máis referencias en ferramentas para delegados e delegadas de prevención.

 
Enlaces de este tema
Balances de Trabajo ISTAS
 

ISTAS, Instituto Sindical de Trabajo, Ambiente y Salud